5/12/07

A modo de balance

A estrea se fixo sen contratempos, no Teatro Principal de Santiago.

Foi un momento importante, ao que asistiron máis de 200 nenos e nenas de centros escolares de Santiago.

Ao resto de actuacións da campaña escolar que organizou a Concellería de Cultura do Concello de Santiago asistiron varios centos de escolares de diversos Concellos galegos. Tamén se fixo unha actuación para público familiar.

A resposta do público foi fabulosa e fixo que o esforzo pagara a pena, e que o balance inicial fora positivo.

Quedan moitas cousas por comentar destes meses de traballo intenso.

Ante todo agradecer o traballo de José Prieto, o autor e director de escena, de todo o equipo artístico e técnico e de tódolos colaboradores que contribuiron a levar esta nave a porto. Sin eles non tería sido posible.

26/10/07

Moito que comentar


Tras un verán de traballo intenso chega o momento da estrea. Faltan tres días.

Moitas novedades que comentar:

Principalmente o cambio de elenco. Incorpórase como actor Mos (Carlos Mosquera) para sustituir a Santi Prego. Sorprendeunos a rapidez coa que se incorporou ao traballo e o dominio dos diferentes rexistros dos seus personaxes: Chancleto, o home sucio e Patatola. Ademais domina as cancións...

Tamén colaborou Ramón Bermejo, que axudou no traballo de preparación vocal e Alfonso Romeo, como técnico de escena.

Moita xente nos axudou, Lucho de quinquilláns, Ramsés coa escenografía, Luisa Areán, Carlos Fraga e Rosario Sampedro co vestiario, Miguel Muñiz coa fotografía, Saga TV co DVD, Chema co deseño gráfico e na Unidade didáctica, Pepe Penabade e Chema-Son directo aportando material para os ensaios, Luis deseñando a nosa miniweb, que xa crecerá...

María Meijide pintou a imaxe do cartel e outras para a unidade didáctica. Tamén colaboraron nela Manuel Facal, Ada, Leo e Mariña, Tomás Rábanos...

Agradecer á Asociación de Veciños de Amio que nos permitira usar o seu local para os ensaios. Alí fixemos un pase previo co público do barrio e cos amigos. Funcionou...

Tamén o apoio institucional: O Igaem, financiando a produción, os Concello de Santiago, Teo e Laxe, o Csic e o Teatro do Andamio permitindo mostrar o noso traballo ao público en funciones escolares e familiares ...

Agora que pase o fin de semana.

O próximo luns a estrea no Teatro Principal de Santiago ás 10,30 en función para escolas da nosa cidade. Todos estamos desexando que chegue ese momento.

É como un soño ...

Na fotografía o Pirata Patatola e o peixe dentro da botella.


20/6/07

Un día calquera no mar

O pasado venres púxose en escena "un día calquera no mar", un pequeno espectáculo baseado nun conto de Tomás Rábanos.

A experiencia tivo lugar na festa de fin de curso da Escola dás Artes de Brión, con nenos e nenas de 8 a 12 anos.

Nela participaron Ada, Bea, Mauro, Helena e Irene. Tamén contamos coa colaboración especial de Loli, que cantou cancións mariñeiras en directo e exerceu de asistente en escena.

Os nenos achegaron as súas ideas (personaxes, escenografía, etc.) e todos puidemos gozar do momento, que resultou moi divertido.

Os protagonistas principais da historia son unha familia de baleas.

Para a versión escénica creáronse os personaxes do pescador e diversos peixes.

Nas fotografías vemos ao peixe malo (mordiskitos), un títere de luva que foi interpretado por Mauro.





29/5/07

Historia dunha onda

Hai un tempo, buscando nunha libraría, atopamos un libro que nos encantou.

A protagonista é unha onda, que conta as súas aventuras e as das súas amigas.

Historia dunha onda é un libro escrito por Begoña González para primeiros lectores e as ilustracións son de Anke Baue, moi bonitas.

O libro está editado por Ellago edicións, dentro da súa colección Historias diminutas:

pequenos libros con alma para nenos e nenas que senten desexos de aprender a ler.

Por certo, esta libraría pertence ao club Kiriko, un grupo de libreiros interesados na difusión da literatura infantil e xuvenil.

Eles editaron fai agora un ano un pequeno catálogo chamado o mar de historias, no que ofrecen recomendacións literarias seleccionadas e comentadas co denominador común da súa temática: O mar na literatura infantil e xuvenil actual.

Neste pequeno catálogo comentan: "o mar na literatura é un lugar para a aventura e a calma... Estes libros tráenche o rumor do mar, o seu canto bravío, ou a brisa tranquila para que vivas e desfrutes da literatura ".

25/5/07

¿Quen é o pirata?


Aparecen estes días na prensa varias noticias sobre o espolio que presuntamente están a facer empresas especializadas dos "tesouros" ocultos no fondo do mar.

Trátase de riquezas valiosas ocultas dende hai séculos e que agora son localizables utilizando as novas tecnoloxías. De feito a Arqueoloxía mariña desenvolveuse moito estes anos e están catalogados naufraxios de barcos con tesouros en lugares como Cadiz, La Habana, as illas Cíes ou Vigo, entre moitos outros. Eran outros tempos para a navegación.

Dende hai moito tempo oímos falar da batalla de Rande, onde se afundiron decenas de Galeóns en plena ría de Vigo. Todo o mundo sabe que existe o "tesouro de Rande"

O feito é que agora esas riquezas se poden extraer do fondo do mar.

As preguntas son:

¿a quen pertencen?

¿que destino se lle pode dar?

¿quen é o pirata?


6/4/07

Primeiro ensaio

Neste mes de Abril fixemos o primeiro ensaio no Centro Sociocultural Monte do Gozo en San Lázaro (Santiago) con tódolos elementos: montamos a escenografía, revisamos as diferentes escenas, cantamos as cancións, ... Serviu para facerse unha idea xeral do traballo da posta en escena.

A escenografía está moi avanzada, tendo en conta que Mirari adicou moito tempo a este traballo no local dos Quinquilláns, coa axuda do noso amigo Ramses.

A súa recreación do mar funciona, e mais coa iluminación, conséguese o efecto preciso para viaxar ao fondo mariño.

Larraitz e Santi Prego fixeron a primeira aproximación aos seus personaxes e cantaron as súas cancións.

Prieto tamén tivo ocasión para dar as súas indicacións sobre a posta en escena, que ten moi clara, e mais tendo en conta que tamén é o autor do texto e coñece as intencións de cada escena e cada personaxe.

Nas imaxes podemos ver no ensaio a Cornecha atacada polo peixe Multilixo e ao Pirata Patatola pensativo ao lado do peixe Tomás.



















Na última fotografía vemos a Mirari e Ramsés no taller de Lucho Penabade.



19/3/07

Aconteceu neste mes de Marzo

Despois duns días de intenso traballo temos un tempo para reflectir o acontecido no mes de marzo, que é moito.

A produción segue o seu curso. Entre as novidades destacamos o traballo de Mirari nos títeres e na escenografía, que vai tomando forma e está moi avanzado.

Nas imaxes vemos ao peixe Tomás e a Mirari traballando na distribución dos paneis en escena, co peixe multilixo en primeiro plano.













O pasado día 9 fixemos un ensaio xeral das cancións que compoñen a banda sonora. Merran viaxou dende Madrid e no local do centro cultural de San Lázaro fixemos o traballo musical.

Na imaxe vemos a Santi e a Merran nun momento do ensaio.


Nestes momentos traballamos xa na distribución do espectáculo e a acollida en principio está sendo boa ... xa se verán os resultados. Entre todos decidimos aprazar a estrea ata o mes de Outubro, polo que temos moito tempo de traballo ata que chegue o momento.

26/2/07

Maqueta

Merran Laginestra, a compositora da banda sonora, mandou a primeira maqueta co seu traballo, no que utiliza teclados, caixa de ritmos e acordeón.

Nela inclúe as cancións que necesitamos e unha música de continuidade de ambiente mariño.

Encantounos o seu traballo e pensamos que aos nenos tamén vailles gustar.

A banda sonora e variada e ten un ton xeral de musical.

Cada canción ten a súa sonoridade diferenciada de acordo co personaxe que a canta. Así a canción de Chancleto o pescador é celta, a da nena e soñadora, a do home sucio é rock duro, a de Patatola é unha canción de piratas e o final un rithm´blues.

Cumpriu con creces o seu cometido e agora so queda axustar os tons e a duración de acordo coas diferentes escenas, antes de facer, se é necesario, a gravación final.

Estupenda tamén a colaboración na guitarra de Antonio Bravo, que clava cada un dos estilos.

24/2/07

Literatura

Alvaro Cunqueiro é un dous escritores máis grande do século XX (Merlín e familia, Cando o vello Simbad volva ás illas, As mocedades de Ulises...). Naceu en Mondoñedo en 1911 e desarrollou unha intensa carreira literaria como narrador, poeta, dramaturgo e xornalista.

Hoxe imos comentar a súa colección de relatos publicados co título de "Fábulas e lendas do mar". Nomeamos aquí algún dos capítulos recollidos neste libro, que serven para ilustrar o seu contido:

A atlántida
Monstros no mar
Os mapas de Clam'aorthen
Fabricantes de illas
O Holandés Errante
Os grandes faros
as sirenas do mar
Dos idiomas dos peixes
Diversos asuntos con balea
Peixes do mar galego

Cunqueiro baséase para escribir estes relatos en historias e mitos antigos que escribe utilizando un recurso propio da súa literatura: a fantasía. O tema que dá unidade ao libro é o seu amor polo mar.

Para afondar na súa obra podedes seguir este enlace na paxina web do Centro virtual Cervantes: http://cvc.cervantes.es/actcult/cunqueiro/

23/2/07

Arte e reciclaxe

O autor explicoulles aos cativos como fai os seus cadros

Os rapaces achéganse á arte contemporánea (Información da web do Concello de Ames)

Os colexios de Ames iniciaron unha serie de visitas ao Pazo da Peregrina para gozar da exposición "Contexturas", realizada polo artista plástico P Palomar.

Os cadros están elaborados con material de refugallo: terra, ferruxe, madeira, chapas de cinc, ...

A visita é unha clase de arte contemporánea e tamén de concienciación sobre a preservación do ambiente, unha reflexión sobre a importancia da reciclaxe e a súa aplicación á creación.

Comenta o autor:

"Eu expliqueilles como fago os meus cadros e tamén lles insisto moito en que calquera cousa se pode aproveitar para construir novas formas nas que se combinen cores e texturas coas que expresar o que cada un queira".

22/2/07

O cambio climático

Como xa apuntamos en días anteriores o cambio climático afecta, e moito, aos nosos océanos e mares.

Luisa Martínez envíanos unha información sobre unha iniciativa de educación ambiental sobre o cambio climático desenvolvida pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible dirixida polo profesor de Bioloxía e Xeoloxía Francisco Sóñora que se chama Climántica.

Nela inclúen, entre outras cousas diferentes unidades didácticas sobre este tema:
(Se queimamos, quentamos - O lixo tamén quenta - Cambios no clima e cambios na auga - etc.)

Tamén dan a posibilidade de descargar un cómic e diversas imaxes divertidas.

Na primeira unidade didáctica CAMBIA O CLIMA? comentan:

Na atmosfera está a chave e o CO2 é o principal responsable

"No escaso tempo transcorrido dende a industrialización, liberáronse grandes cantidades de CO2 procedentes da combustión de carbón, petróleo e gas. Nos inicios da revolución industrial a finais dos anos 1.700, a cantidade de CO2 empezou a aumentar, acadando os valores máximos nos últimos 50 anos.

Paralelamente a este incremento do uso de combustibles fósiles nos procesos industriais, cortáronse ou incendiáronse amplas superficies de bosques para novas áreas agrícolas e gandeiras."

O aumento de temperatura da auga

"O océano tamén se quenta, aproximadamente 0,04º C por cada década. Esta é unha tendencia xeral, pero a nivel local estas tendencias son máis variables. Así na provincia de A Coruña a tendencia é menos acentuada que no Cantábrico.

Como consecuencia dese quentamento prodúcese o desxeo progresivo dos polos coa conseguinte subida do nivel do mar. Nas nosas costas o aumento deste valor, foi de entre 2 e 3 mm/ano durante a segunda metade do século XX, o que supón que subiu no último século entre 10 e 20 cm, e para o ano 2100 considérase que pode ter unha subida adicional de 9 a 88 cm. Pero este aumento do nivel do mar non só se pode atribuír ao desxeo, senón que tamén inflúe a dilatación da auga polo quentamento."

Unha web completa sobre este tema e unha iniciativa interesante.

Sobre este tema aparece unha noticia no Correo gallego

21/2/07

Deseño gráfico


Chema Suárez está traballando xa na documentación para preparar a unidade didáctica e colaborará no deseño gráfico do resto do material promocional.

El é titulado en Artes e xa traballou con nós en anteriores producións realizando elementos de escenografía, títeres e tamén material publicitario.

Fixo os deseños para a unidade didáctica do noso espectáculo O bosque animado (1998)

Nas fotografías aparece na visita que fixemos ao Aquarium de A Coruña


20/2/07


Mikel Rodriguez preparou, xunto o seu amigo Ian Jhonstone o boceto do cartel, e está traballando na versión definitiva da imaxe publicitaria de "Mensaxe nunha botella de plástico".

Ademais axudou a Mirari na construción dos bonecos.

Na imaxe aparece probando a Multilixo.

19/2/07

Os erros se repiten

Desgraciadamente a actualidade capta a nosa atención de novo.

Seguimos estes días na prensa o desastre que está a acontecer nas nosas costas co buque "Ostedijk" que se atopa á deriva cunha carga de fertilizantes que emanan gases tóxicos.

Sigue a noticia no xornal

18/2/07

Problemática ecoloxica dos nosos océanos

Temos que agradecer a colaboración de Luisa Martínez, científica, oceanógrafa do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (do Csic) e interesada na divulgación da Ciencia, que está a contribuír no crecemento dos valores ecolóxicos da nosa proposta.
Así descrebe a problemática do mar:
"O océano esta afectado por tódalas accións contra o medio que se levan a cabo tanto na auga como na terra ou na atmosfera. Está a contaminación das augas fecais e residuos, ó aumento de CO2 na
atmosfera, a sobre-explotación dos recursos mariños, a modificación das liñas de costa, o despilfarro de enerxía, o quentamento da terra, etc."

Así describe o cambio climático e as súas consecuencias nos océanos

"Cada día son mais a evidencias de que o cambio climático xa esta aquí. A principal causa e a queima de combustibles fósiles (aumento de CO2 na atmosfera) a que contribuímos na nosa vida cotiá co uso indiscriminado do coche e o abuso do gasto de enerxía nos fogares e no traballo.

Entre os efectos do cambio climático no océano podemos sinalar: O aumento da temperatura da auga do mar, o aumento do nivel da auga, os desaxustes nos ciclos de vida dos organismos mariños ..."

A súa contribución é fundamental para aportar experiencia e coñecemento en forma de "mensaxe nunha botella de plástico" ...

14/2/07

Reunión de traballo


Hoxe fixemos unha reunión para aclaras aspectos da produción, clarificar o calendario, comentar novidades e tomar un café.

Mirari trouxo a base dos títeres para probar o seu movemento na man do manipulador. Estamos na recta final dos traballos previos aos ensaios, que comezan a primeiros do mes de Marzo.

Mirari tamén está traballando na escenografía e Merran nos informa de que ten dous temas compostos da banda sonora.

Nos próximos días iremos presentando ao resto de colaboradores, que xa teñen claro o seu cometido.

A acollida das persoas que reciben información sobre a nosa proposta está sendo fantástica e as perspectivas son estupendas para todos.

A produción está encamiñada.

Na foto vemos a Santi probando o títere do peixe Tomás, aínda sen rematar










6/2/07

O peixe Tomás


O peixe Tomás, introducido pola forza ao reducido espazo dun acuario, o único que quere é volver ao seu mundo.

Sen querer convértese no desencadeante da historia, pois o azar fai que a súa acción de enviar unha mensaxe de auxilio nunha botella de plástico, sexa o acontecemento clave para a resolución dun problema global.


Aquarium Finisterrae


El Aquarium Finisterrae se encontra na beira do océano Atlántico, xunto ao faro da Torre de Hércules en A Coruña.

Teñen unhas instalacións fantásticas.

Na sala chamada maremagnum existen diferentes paneis e peceras que mostran os diferentes ecosistemas da costa galega. Tamén recollen lendas, sons, ... todo sobre o mar.


Tamén teñen unha sala chamada Nautilus, sumerxida no mar que revive o soño de Julio Verne en '20.000 leguas de viaxe submarino.

No exterior unha piscina das focas, e ao seu carón unha cova mariña agocha un tesouro: o Xardín dos Polbos.

Ademais expoñen esculturas de Cabaliños de Mar moi bonitas e todo con vistas as rochas e ao océano.



Como exposicións temporais teñen actualmente unha de fotografía da natureza realmente espectacular e outra sobre as perlas e os animais que as fabrican.

Organizan visitas escolares con obradoiros: Falando con peixes, Experimentos de bioloxía mariña e tamén proxectan documentais.

Unha marabilla para os sentidos e un regalo para nós.

Estas fotografías son de hoxe mesmo.

A súa web http://www.casaciencias.org/gl/aquarium.html

4/2/07

Faro de punta nariga



O Faro de Punta Nariga, en Malpica, plena costa da morte é o último construído en España, obra do Arquitecto César Portela inaugurada en 1997.

Simula a proa dun barco introducíndose no mar. No mascarón, unha escultura de Manolo Coia.

Tendo un pouco de coidado podemos pasear polas rochas sobre as que se sitúa o faro e que presentan singulares esculturas debidas á constante acción erosiva da auga e do vento.

Estas pedras teñen curiosas formas que recordan figuras dun can, dun oso, unha tartaruga, un elefante de longa trompa, unha bruxa con cara de vella gritando e moitas outras que a nosa imaxinación nos faga descubrir.

Unha bonita excursión chea de Tesouros do mar

Educación ambiental en Galicia

A Sociedade Galega de Educación Ambiental é unha asociación que se constitúe para aglutinar o traballo de moitas persoas que se veñen significando na promoción da Educación Ambiental en Galicia coa idea de avanzar dende unha perspectiva colectiva e plural na construción dunha sociedade máis xusta, respectuosa e responsable co medio ambiente.

Na súa web http://www.sgea.org/ aportan información completa sobre as iniciativas que se desenvolven en Educación ambiental, ofrecen documentos e recursos. Toda unha galería da actividade que en este campo se realiza en Galicia

Dentro do apartado caixón de sastre atopamos unha presentación de powerpoint que reflexa a problemática que abordamos no espectáculo que nos ocupa Mensaxe nunha botella de plástico

Titúlase Plásticos no mar

2/2/07

Reciclarte


Esta é a imaxe da obra "lo pezcas???" de David Acevedo, que pertence ao colectivo Reciclarte de Arxentina.

Está feita con lixo encontrado no Rio de la Plata, contaminado a máis non poder. Ten botellas de plástico, zapatilla de caucho, neumático de autos, metais, madeiras,gomas, aerosoles e cuanta porquería contamina as aguas.

Cando expoñen a obra poñen un cartel,que di:

¿algo de isto é seu?

e unha descrición dos materiais e o seu tempo en anos ou séculos,para a súa degradación.

A obra mide 1,10x0,80. e foi realizada no ano 2006.

É unha imaxe perfecta do que queremos que fagan os nosos pequenos espectadores nas actividades que propoñemos na unidade didáctica que complementa ao noso espectáculo.

O colectivo Reciclarte é un grupo de artistas comprometidos que fan activismo artístico en espazos públicos e se manifestan en contra da inxustiza e a corrupción e a favor da Paz.

Utilizan material de reciclaxe para as súas obras.

Se autodenominan "Os artistas do lixo" e o seu lema é:

Nada se crea, nada se perde, só se transforma.

Toda unha declaración de intencións e un exemplo ...

Podedes ver unha información completa sobre as súas actividades e unha galería das súas obras na web

http://www.reciclarteargentina.com.ar/

Temos que agradecer que nos permitan utilizar esta imaxe na unidade didáctica ... (boa xente) e ademais algún deles é de procedencia galega, como moitos arxentinos ...


1/2/07

Maqueta


Mirari construiu unha maqueta da escenografía que serve para visualizar os diferentes ambientes que se queren crear, a posición dos personaxes, a iluminación.

Este traballo permite facerse unha idea bastante aproximada da proposta escénica.

Nas fotografías vemos ao pirata Patatola co peixe Tomás e a Cornecha nadando xunto ao peixe multilixo.



31/1/07

O Pirata Patatola


Ecoloxista excéntrico e hipersensible que defende a ultranza o seu único tesouro, un pequeno acuario cheo de auga limpa.

Representa aos que resisten ante a maquinaria contaminadora, por veces con falta de apoio e con problemas de comunicación, pero buscando sempre a utopía dende a soedade.

Esculturas á beira do mar


Sculpture by the Sea é un evento que se celebra anualmente en Perth - Australia, ao longo dun camiño espectacular de 2 km entre as praias de Bondi e Tamarama onde se expoñen esculturas contemporáneas.

Cada ano atrae un número estimado de 400,000 visitantes e reune ao redor de 100 artistas australianos e internacionais.

Cremos que é a exhibicion máis grande da súa clase no mundo enteiro.

A próxima edición celébrase na praia de Cottesloe do 8 ao 18 de marzo de 2007.

A exposición á beira Océano Índico transforma a praia máis popular de Perth nun parque impoñente da escultura.

A súa web é http://www.sculpturebythesea.com

Votade unha ollada á galería dos traballos presentados en anos anteriores.

Realmente interesante...

29/1/07

Peixe Multilixo

Peixe mutante adaptado ao novo habitat. Depredador, brusco, frustrado e enfadado, especialmente cos humanos culpables de que o seu paraíso sexa agora o inhóspito ecosistema actual.


Trátase dun títere de luva.

Os personaxes están deseñados por Mirari Urruzola

26/1/07

Liquidación.org

Na radio tiven noticia dunha iniciativa que ven de Buenos Aires.

Está promovida por un artista holandés para axudar aos cartoneros dos suburbios da gran cidade.

Son xente que todos os días se dirigen ao centro para recoller do lixo material que despois venden para buscarse a vida.

É indicativo da crisis que sacudiu o país fai uns anos . As súas consecuencias aínda se arrastran agora mesmo.

Bueno. A iniciativa da que vos falo se chama http://www.liquidacion.org

Alí venden os obxetos e soños sacados do lixo.

A verdade é que me impresionó.

Se que en outras partes ocorre algo así, incluso peor. Pero non sei. Dame moito que pensar

Home Sucio

Vestido sempre de branco impoluto, o home sucio leva posta unha máscara que filtra os cheiros do mundo que el mesmo está a converter en putrefacto.

Representa un pouco a todos nós, os humanos, que cometendo erros máis ou menos conscientes, nunca chegamos a decatarnos das dimensións dos nosos actos ate que non os sentimos na propia pel.

24/1/07

Cornecha


Ser vivo urbano de aproximadamente dez anos.

Cornecha representa esas cualidades infantís que os adultos perden con frecuencia: o afán sen límites por saber e comprender, unha intuitiva querencia pola axuda aos máis desfavorecidos e unha actitude vital, desinhibida e optimista que con inocencia pero sen inxenuidade a empurra á busqueda dos porqués acometendo os riscos con naturalidade e decisión.

Chancleto


CHANCLETO

Vello pescador cantarín e fachendoso que en tempos pescaba peixes.

Este mariñeiro indomable, orgulloso e retranqueiro, cun desacougo oculto asume as circunstancias con resignación e sen acción e busca a felicidade individual por riba de calquera outra cousa.

23/1/07

PERIGO NO CANAL DA MANCHA

Se teme que o «Napoli» provoque unha catástrofe ecolóxica

O barco derramou 200 toneladas de fuel e perdeu 158 contenedores con material químico

Esta é a noticia na prensa

É o momento de lembrar o sucedido co Prestige.

Para non esquecer podemos botar unha ollada a unha das moitas páxinas de Internet que recollen información sobre a mayor catástrofe medioambiental acontecida nos mares galegos.

Esta web recopila moitísimos links de interese

http://www.accede.org/prestige/prestige-gall.htm

Entre todos eses enderezos destacamos dous:

Esta é unha colección de debuxos sobre o chapapote feitos por nenos de diferentes escolas

http://www.barnaponte.net/animogalicia/


E esta outra sobre un personaxe que de algunha maneira inspirou ao noso pirata patatola: o alemán Man, de Camelle (Costa da morte), un home que sabía moito sobre Mar e Arte e que foi unha das víctimas da catástrofe

http://usuarios.lycos.es/mancamelle/MAN.htm

Na web de homenaxe podedes coñecer algo sobre a súa vida a súa obra

22/1/07

O argumento

O mar está tan contaminado que os pescadores xa non se pescan peixes, senón bolsas, latas e tetrabriks. Isto é o que descubre a pequena Cornecha compartindo unha tarde de pesca co vello mariñeiro Chancleto.

Pero algo cambia cando no anzol da cana que nese intre sostén Cornecha aparece unha botella de plástico cunha mensaxe de auxilio dentro. A nena non o dubida e emprende unha viaxe na percura do desesperado enviante.

Unha viaxe na que percorrerá os fondos mariños atopándose con todo tipo de especies mutantes, resultantes do entorno contaminado no que viven. Unha viaxe na que tamén descubrirá quen é o culpable de que o mar se atope nese lamentable estado (O home suxo: o ser humano).

Unha viaxe chea de descubrimentos, aprendizaxe erevelacións, na que Cornecha atopará ó remitente da mensaxe de auxilio, un peixe cautivo, e xuntos, coa axuda do pirata Patatola trazarán un plan que permitirá ao fin que o mar recupere o estado que nunca debeu ter perdido: un lugar cheo de vida respetado por todos.

21/1/07

reciclarte

Hoxe non podemos deixar de comentar o apoio incondicional que estamos tendo por parte do colectivo RECICLARTE en Argentina

Así se definen eles mesmos:

RECICLARTE, Grupo de Arte, es un espacio de EXPRESIÓN CREATIVA, de ELABORACIÓN y PARTICIPACIÓN COLECTIVA, dando cuenta de la RE-CONSTRUCCIÓN del TEJIDO SOCIAL, generando ACCIONES SOLIDARIAS a través del COMPROMISO e INVOLUCRACIÓN por un MUNDO SIN VIOLENCIA e INJUSTICIAS, SIN DISCRIMINACIONES de NINGÚN TIPO, dónde la DIVERSIDAD sea FACTOR de UNIDAD y dónde el MEDIO AMBIENTE SEA CONSIDERADO el BIEN COMÚN para TODOS .

Non deixes de visitar a súa web: http://www.reciclarteargentina.com.ar/


20/1/07

Unha mensaxe de verdade

Chamounos a atención esta noticia que recolle o xornal de internet A voz de Oia, aparecido en A voz de Galicia o día 4 de Febreiro de 2006

A TIRO DE BOTELLA


Tamén é interesante este reportaxe chamado Playa local - Basura global

que remite á paxina da fundación para os mares e os oceanos. Eles apoian o proxecto

Lixo nas praias en brasil

19/1/07

banda sonora


Merran Laginestra é unha compositora australiana afincada en Madrid, especialista en piano clásico, jazz e música contemporanea.

Compuso varias bandas sonoras, entre elas a do noso último espectáculo "Tic tac, sons dunha nave".

Para realizar a banda sonora contará coa colaboración de Antonio Bravo, un "bravo" guitarrista galego tamén afincado en Madrid, que traballa habitualmente con importantes músicos da escena internacional.

A banda sonora inclúe música e cancións e Merran xa está traballando nela.

17/1/07

O autor


José Prieto e un dos autores de éxito do teatro galego.

Ten escrito decenas de obras algunha delas premiadas. Destacamos o traballo con Bucanero, que nos encantaba e últimamente con Lagarta Lagarta ( Fobias e a recoñecida Carambola)

Ten escritas numerosas obras para nenos.

Tamén traballa na Escola de Teatro de Narón.

Ademáis vai dirixir a proposta escénica que estamos preparando ...

16/1/07


Hoxe presentamos ao novo actor que participa nesta montaxe. É Santi Prego.

El ten unha longa traxectoria como actor no Teatro Galego especialmente coa Compañía Ollomoltranvía. Actualmente prepara o novo espectáculo de Teatro do Morcego.

Tamén traballa frecuentemente no audiovisual.

Con nos colaborou na posta en escena de "O Bosque Animado" e "O pazo de papel"

El ten a súa propia web que é esta

www.santiprego.com

Por certo, nos recomendou vivamente a película Happy feet que vai de cómo os humanos se cargan a cadea alimentaria e cómo padecen isto os animais (concretamente os pingüinos).
Como sabedes a peli é sobre un pingüino que baila claqué.

http://wwws.warnerbros.es/happyfeet/

15/1/07

Mirari esta traballando na escenografía empregando material de refugallo. Ela inspírase no traballo de unha artísta plástica alemana que se chama Alke Schmidt.

Ela tamén traballa coa arte e a reciclaxe.

A súa web é esta:

http://www.alkeschmidt.com

Elas informan dun Festival que existe na república checa que está baseado este ano 2007 no arte e o lixo.

Podedes visitar o seu sitio:

www.cesta.cz

14/1/07

Xa comenzamos o traballo de preparación da unidade didáctica que complementa ao espectáculo.

Unha das principais liñas de traballo chamámoslle Mar e arte.













Dentro de este apartado haberá diferentes aspectos entre os que comentamos agora os seguintes:

pintura na area


arte e reciclaxe










Cornecha surfeando


Estes traballos que vedes son froito dunha excursión a O Freixo, na ría de Muros e Noia do día de hoxe


O pirata patatola

13/1/07

Rebuscando en internet atopamos esta páxina que mostra un traballo artístico feito con area.

Pode servir de inspiración para o traballo plástico e a unidade didáctica.

http://www.sandfantasy.com/index.htm

Outra dirección de interés é a seguinte:

http://www.reciclarteargentina.com.ar/inicio.php

Tratase dun grupo de artistas arxentinos que misturan arte e reciclaxe.

Dentro da galería de imaxes hai un cuadro de David Acevedo que se titula "Lo pescás" que encaixa como anillo o dedo na idea que está a inspira o traballo plástico de Mensaxe nunha botella ...

12/1/07


Dentro dunha semana estrease a película de animación De Profundis de Miguelanxo Prado.

Coñecendo a este autor e polas imaxes que temos visto recomendamos a todos que vaian o cine para vela.

Prometen unha viaxe ao fondo do mar. Un soño en imaxes. Una historia de amor. Un poema animado...

http://www.deprofundislapelicula.com/

esta é unha postal das que ofrecen na súa galería


11/1/07



Preséntovos á encargada da escenografía e iluminación do espectáculo "Mensaxe nunha botella de plástico". É Mirari Urruzola
Xa fixo o traballo escenográfico en anteriores espectáculos de Buratini, como "O Bosque animado", "O pazo de papel", "Palabras de Caramelo" ou "Tic tac, sons dunha nave".
Nestes dous últimos fixo o seu debut como actriz e titiriteira.
Nesta nova montaxe tamén ten un papeliño ...

4/1/07


Pablo Suárez participou tamén na creación da Compañía Buratini.
En escena é técnico de son e iluminación.
Ademáis é o productor ...

3/1/07

Preséntovos o persoal



Larraitz Urruzola é actriz e titiriteira dende hai xa bastantes anos. Empezou facendo de bela (A bela e a besta - 1990) e pasou por tódolos rexistros.
Con Buratini participou na creación da Compañía e foi a súa imaxe dende o principio. Fixo de narrador árabe, da Señora Flora (a narradora galega), de Fendetestas, Estrela da Fonte: a bibliotecaria, de Einstein, ..., manipulou decenas de títeres...
Ademáis é profesora de Teatro no Colexio do seu barrio de Fontiñas dende 1996.
Últimamente fixo de titiriteira na serie da TVG Planeta Fantasía e colaborou noutras series como Pepe o inglés e A vida por diante, tamén na TVG.

2/1/07

No pasado mes de Decembro Prieto mandou o seguinte texto promocional sobre o espectáculo:

Unha aventura terrestre, mariña e submariña, na que a protagonista, a pequena Cornecha, atopa unha mensaxe de socorro no interior dunha botella de plástico e emprende unha arriscada travesía por un mar tristemente contaminado. Peixes mutantes e agresivos, humanos que ensucian o ecosistema ou piratas ecoloxistas, compoñen esta historia na que o humor a concienciación polo entorno comparten espacio e tempo.

1/1/07

Naceu a criatura

Hoxe estamos de estrea. Nunca é tarde ...

A partir de agora tentaremos nestas páxinas de facer un seguimento do proceso de creación do espectáculo Mensaxe nunha botella de plástico que comezou xa hai un tempo e que si todo vai ben, rematará o vindeiro mes de Abril coa estrea.

En Novembro e Decembro do pasado 2006 tivemos as reunións previas do equipo: O autor do texto e Director – José Prieto, a actriz – Larraitz Urruzola, o actor – Santiago Prego, A escenógrafa (E tamén titiriteira ) – Mirari Urruzola e o productor – Pablo Suárez.

Destas reunións sairon as liñas maestras do argumento da obra; Prieto púxo mans á obra e os poucos apareceu co texto definitivo (esto chámase aproveitar o tempo). Así, o pasado día 21 de Decembro naceu a criatura ...

Tamén hai que dicir que Mirari fixo co seu amigo Mikel un boceto de cartel que é este: