Hoxe estamos de estrea. Nunca é tarde ...A partir de agora tentaremos nestas páxinas de facer un seguimento do proceso de creación do espectáculo Mensaxe nunha botella de plástico que comezou xa hai un tempo e que si todo vai ben, rematará o vindeiro mes de Abril coa estrea.
Destas reunións sairon as liñas maestras do argumento da obra; Prieto púxo mans á obra e os poucos apareceu co texto definitivo (esto chámase aproveitar o tempo). Así, o pasado día 21 de Decembro naceu a criatura ...
Tamén hai que dicir que Mirari fixo co seu amigo Mikel un boceto de cartel que é este:

No hay comentarios.:
Publicar un comentario