26/2/07

Maqueta

Merran Laginestra, a compositora da banda sonora, mandou a primeira maqueta co seu traballo, no que utiliza teclados, caixa de ritmos e acordeón.

Nela inclúe as cancións que necesitamos e unha música de continuidade de ambiente mariño.

Encantounos o seu traballo e pensamos que aos nenos tamén vailles gustar.

A banda sonora e variada e ten un ton xeral de musical.

Cada canción ten a súa sonoridade diferenciada de acordo co personaxe que a canta. Así a canción de Chancleto o pescador é celta, a da nena e soñadora, a do home sucio é rock duro, a de Patatola é unha canción de piratas e o final un rithm´blues.

Cumpriu con creces o seu cometido e agora so queda axustar os tons e a duración de acordo coas diferentes escenas, antes de facer, se é necesario, a gravación final.

Estupenda tamén a colaboración na guitarra de Antonio Bravo, que clava cada un dos estilos.

24/2/07

Literatura

Alvaro Cunqueiro é un dous escritores máis grande do século XX (Merlín e familia, Cando o vello Simbad volva ás illas, As mocedades de Ulises...). Naceu en Mondoñedo en 1911 e desarrollou unha intensa carreira literaria como narrador, poeta, dramaturgo e xornalista.

Hoxe imos comentar a súa colección de relatos publicados co título de "Fábulas e lendas do mar". Nomeamos aquí algún dos capítulos recollidos neste libro, que serven para ilustrar o seu contido:

A atlántida
Monstros no mar
Os mapas de Clam'aorthen
Fabricantes de illas
O Holandés Errante
Os grandes faros
as sirenas do mar
Dos idiomas dos peixes
Diversos asuntos con balea
Peixes do mar galego

Cunqueiro baséase para escribir estes relatos en historias e mitos antigos que escribe utilizando un recurso propio da súa literatura: a fantasía. O tema que dá unidade ao libro é o seu amor polo mar.

Para afondar na súa obra podedes seguir este enlace na paxina web do Centro virtual Cervantes: http://cvc.cervantes.es/actcult/cunqueiro/

23/2/07

Arte e reciclaxe

O autor explicoulles aos cativos como fai os seus cadros

Os rapaces achéganse á arte contemporánea (Información da web do Concello de Ames)

Os colexios de Ames iniciaron unha serie de visitas ao Pazo da Peregrina para gozar da exposición "Contexturas", realizada polo artista plástico P Palomar.

Os cadros están elaborados con material de refugallo: terra, ferruxe, madeira, chapas de cinc, ...

A visita é unha clase de arte contemporánea e tamén de concienciación sobre a preservación do ambiente, unha reflexión sobre a importancia da reciclaxe e a súa aplicación á creación.

Comenta o autor:

"Eu expliqueilles como fago os meus cadros e tamén lles insisto moito en que calquera cousa se pode aproveitar para construir novas formas nas que se combinen cores e texturas coas que expresar o que cada un queira".

22/2/07

O cambio climático

Como xa apuntamos en días anteriores o cambio climático afecta, e moito, aos nosos océanos e mares.

Luisa Martínez envíanos unha información sobre unha iniciativa de educación ambiental sobre o cambio climático desenvolvida pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible dirixida polo profesor de Bioloxía e Xeoloxía Francisco Sóñora que se chama Climántica.

Nela inclúen, entre outras cousas diferentes unidades didácticas sobre este tema:
(Se queimamos, quentamos - O lixo tamén quenta - Cambios no clima e cambios na auga - etc.)

Tamén dan a posibilidade de descargar un cómic e diversas imaxes divertidas.

Na primeira unidade didáctica CAMBIA O CLIMA? comentan:

Na atmosfera está a chave e o CO2 é o principal responsable

"No escaso tempo transcorrido dende a industrialización, liberáronse grandes cantidades de CO2 procedentes da combustión de carbón, petróleo e gas. Nos inicios da revolución industrial a finais dos anos 1.700, a cantidade de CO2 empezou a aumentar, acadando os valores máximos nos últimos 50 anos.

Paralelamente a este incremento do uso de combustibles fósiles nos procesos industriais, cortáronse ou incendiáronse amplas superficies de bosques para novas áreas agrícolas e gandeiras."

O aumento de temperatura da auga

"O océano tamén se quenta, aproximadamente 0,04º C por cada década. Esta é unha tendencia xeral, pero a nivel local estas tendencias son máis variables. Así na provincia de A Coruña a tendencia é menos acentuada que no Cantábrico.

Como consecuencia dese quentamento prodúcese o desxeo progresivo dos polos coa conseguinte subida do nivel do mar. Nas nosas costas o aumento deste valor, foi de entre 2 e 3 mm/ano durante a segunda metade do século XX, o que supón que subiu no último século entre 10 e 20 cm, e para o ano 2100 considérase que pode ter unha subida adicional de 9 a 88 cm. Pero este aumento do nivel do mar non só se pode atribuír ao desxeo, senón que tamén inflúe a dilatación da auga polo quentamento."

Unha web completa sobre este tema e unha iniciativa interesante.

Sobre este tema aparece unha noticia no Correo gallego

21/2/07

Deseño gráfico


Chema Suárez está traballando xa na documentación para preparar a unidade didáctica e colaborará no deseño gráfico do resto do material promocional.

El é titulado en Artes e xa traballou con nós en anteriores producións realizando elementos de escenografía, títeres e tamén material publicitario.

Fixo os deseños para a unidade didáctica do noso espectáculo O bosque animado (1998)

Nas fotografías aparece na visita que fixemos ao Aquarium de A Coruña


20/2/07


Mikel Rodriguez preparou, xunto o seu amigo Ian Jhonstone o boceto do cartel, e está traballando na versión definitiva da imaxe publicitaria de "Mensaxe nunha botella de plástico".

Ademais axudou a Mirari na construción dos bonecos.

Na imaxe aparece probando a Multilixo.

19/2/07

Os erros se repiten

Desgraciadamente a actualidade capta a nosa atención de novo.

Seguimos estes días na prensa o desastre que está a acontecer nas nosas costas co buque "Ostedijk" que se atopa á deriva cunha carga de fertilizantes que emanan gases tóxicos.

Sigue a noticia no xornal

18/2/07

Problemática ecoloxica dos nosos océanos

Temos que agradecer a colaboración de Luisa Martínez, científica, oceanógrafa do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (do Csic) e interesada na divulgación da Ciencia, que está a contribuír no crecemento dos valores ecolóxicos da nosa proposta.
Así descrebe a problemática do mar:
"O océano esta afectado por tódalas accións contra o medio que se levan a cabo tanto na auga como na terra ou na atmosfera. Está a contaminación das augas fecais e residuos, ó aumento de CO2 na
atmosfera, a sobre-explotación dos recursos mariños, a modificación das liñas de costa, o despilfarro de enerxía, o quentamento da terra, etc."

Así describe o cambio climático e as súas consecuencias nos océanos

"Cada día son mais a evidencias de que o cambio climático xa esta aquí. A principal causa e a queima de combustibles fósiles (aumento de CO2 na atmosfera) a que contribuímos na nosa vida cotiá co uso indiscriminado do coche e o abuso do gasto de enerxía nos fogares e no traballo.

Entre os efectos do cambio climático no océano podemos sinalar: O aumento da temperatura da auga do mar, o aumento do nivel da auga, os desaxustes nos ciclos de vida dos organismos mariños ..."

A súa contribución é fundamental para aportar experiencia e coñecemento en forma de "mensaxe nunha botella de plástico" ...

14/2/07

Reunión de traballo


Hoxe fixemos unha reunión para aclaras aspectos da produción, clarificar o calendario, comentar novidades e tomar un café.

Mirari trouxo a base dos títeres para probar o seu movemento na man do manipulador. Estamos na recta final dos traballos previos aos ensaios, que comezan a primeiros do mes de Marzo.

Mirari tamén está traballando na escenografía e Merran nos informa de que ten dous temas compostos da banda sonora.

Nos próximos días iremos presentando ao resto de colaboradores, que xa teñen claro o seu cometido.

A acollida das persoas que reciben información sobre a nosa proposta está sendo fantástica e as perspectivas son estupendas para todos.

A produción está encamiñada.

Na foto vemos a Santi probando o títere do peixe Tomás, aínda sen rematar










6/2/07

O peixe Tomás


O peixe Tomás, introducido pola forza ao reducido espazo dun acuario, o único que quere é volver ao seu mundo.

Sen querer convértese no desencadeante da historia, pois o azar fai que a súa acción de enviar unha mensaxe de auxilio nunha botella de plástico, sexa o acontecemento clave para a resolución dun problema global.


Aquarium Finisterrae


El Aquarium Finisterrae se encontra na beira do océano Atlántico, xunto ao faro da Torre de Hércules en A Coruña.

Teñen unhas instalacións fantásticas.

Na sala chamada maremagnum existen diferentes paneis e peceras que mostran os diferentes ecosistemas da costa galega. Tamén recollen lendas, sons, ... todo sobre o mar.


Tamén teñen unha sala chamada Nautilus, sumerxida no mar que revive o soño de Julio Verne en '20.000 leguas de viaxe submarino.

No exterior unha piscina das focas, e ao seu carón unha cova mariña agocha un tesouro: o Xardín dos Polbos.

Ademais expoñen esculturas de Cabaliños de Mar moi bonitas e todo con vistas as rochas e ao océano.



Como exposicións temporais teñen actualmente unha de fotografía da natureza realmente espectacular e outra sobre as perlas e os animais que as fabrican.

Organizan visitas escolares con obradoiros: Falando con peixes, Experimentos de bioloxía mariña e tamén proxectan documentais.

Unha marabilla para os sentidos e un regalo para nós.

Estas fotografías son de hoxe mesmo.

A súa web http://www.casaciencias.org/gl/aquarium.html

4/2/07

Faro de punta nariga



O Faro de Punta Nariga, en Malpica, plena costa da morte é o último construído en España, obra do Arquitecto César Portela inaugurada en 1997.

Simula a proa dun barco introducíndose no mar. No mascarón, unha escultura de Manolo Coia.

Tendo un pouco de coidado podemos pasear polas rochas sobre as que se sitúa o faro e que presentan singulares esculturas debidas á constante acción erosiva da auga e do vento.

Estas pedras teñen curiosas formas que recordan figuras dun can, dun oso, unha tartaruga, un elefante de longa trompa, unha bruxa con cara de vella gritando e moitas outras que a nosa imaxinación nos faga descubrir.

Unha bonita excursión chea de Tesouros do mar

Educación ambiental en Galicia

A Sociedade Galega de Educación Ambiental é unha asociación que se constitúe para aglutinar o traballo de moitas persoas que se veñen significando na promoción da Educación Ambiental en Galicia coa idea de avanzar dende unha perspectiva colectiva e plural na construción dunha sociedade máis xusta, respectuosa e responsable co medio ambiente.

Na súa web http://www.sgea.org/ aportan información completa sobre as iniciativas que se desenvolven en Educación ambiental, ofrecen documentos e recursos. Toda unha galería da actividade que en este campo se realiza en Galicia

Dentro do apartado caixón de sastre atopamos unha presentación de powerpoint que reflexa a problemática que abordamos no espectáculo que nos ocupa Mensaxe nunha botella de plástico

Titúlase Plásticos no mar

2/2/07

Reciclarte


Esta é a imaxe da obra "lo pezcas???" de David Acevedo, que pertence ao colectivo Reciclarte de Arxentina.

Está feita con lixo encontrado no Rio de la Plata, contaminado a máis non poder. Ten botellas de plástico, zapatilla de caucho, neumático de autos, metais, madeiras,gomas, aerosoles e cuanta porquería contamina as aguas.

Cando expoñen a obra poñen un cartel,que di:

¿algo de isto é seu?

e unha descrición dos materiais e o seu tempo en anos ou séculos,para a súa degradación.

A obra mide 1,10x0,80. e foi realizada no ano 2006.

É unha imaxe perfecta do que queremos que fagan os nosos pequenos espectadores nas actividades que propoñemos na unidade didáctica que complementa ao noso espectáculo.

O colectivo Reciclarte é un grupo de artistas comprometidos que fan activismo artístico en espazos públicos e se manifestan en contra da inxustiza e a corrupción e a favor da Paz.

Utilizan material de reciclaxe para as súas obras.

Se autodenominan "Os artistas do lixo" e o seu lema é:

Nada se crea, nada se perde, só se transforma.

Toda unha declaración de intencións e un exemplo ...

Podedes ver unha información completa sobre as súas actividades e unha galería das súas obras na web

http://www.reciclarteargentina.com.ar/

Temos que agradecer que nos permitan utilizar esta imaxe na unidade didáctica ... (boa xente) e ademais algún deles é de procedencia galega, como moitos arxentinos ...


1/2/07

Maqueta


Mirari construiu unha maqueta da escenografía que serve para visualizar os diferentes ambientes que se queren crear, a posición dos personaxes, a iluminación.

Este traballo permite facerse unha idea bastante aproximada da proposta escénica.

Nas fotografías vemos ao pirata Patatola co peixe Tomás e a Cornecha nadando xunto ao peixe multilixo.