
Chema Suárez está traballando xa na documentación para preparar a unidade didáctica e colaborará no deseño gráfico do resto do material promocional.
El é titulado en Artes e xa traballou con nós en anteriores producións realizando elementos de escenografía, títeres e tamén material publicitario.
Fixo os deseños para a unidade didáctica do noso espectáculo O bosque animado (1998)
Nas fotografías aparece na visita que fixemos ao Aquarium de A Coruña

1 comentario:
Hola:
Coménto-vos a liña de traballo que estou desenrrolando para estabrecer unha relación entre mar e arte a través dun exercicio plástico:
Se faría un pequeno catálogo de especies marinas tal como son representadas nos libros de zooloxía (desde os grabados do século XVII)coa intención de facer un híbrido entre algunhas delas.
Esta actividade tería unha fase de collage plástico e outra de composición do nome combinando as denominacións de varias especíes.
O traballo resultante sería unha mutación das especies existentes, coa que se fai visible unha das posibles consecuencias da contaminación do mar, a desaparición de especies coñecidas que non se podan adaptar a un medio contaminado.
Publicar un comentario